lunes, 14 de mayo de 2012

PRESENTACIÓN DE XEOGRAFÍA AGRARIA

miércoles, 25 de abril de 2012

TAREFA SOBRE XEOGRAFÍA AGRARIA, TEMAS 7 e 8

lunes, 23 de abril de 2012

VÍDEOS AGRICULTURA

CULTIVOS TRANSXÉNICOS


AGRICULTURA MODERNA


PLANTACIÓN DE AZÚCAR

jueves, 8 de marzo de 2012

A ECONOMÍA




A actividade económica




View more presentations from Iolanda
Aquí tedes as actividades que debedes realizar



domingo, 15 de enero de 2012

La primera detective de Botsuana

Esta será a nosa lectura deste curso: La primera detective de Botsuana, de Alexander MacCall Smith.




Mapa de Botsuana

Neste enlace á Wikipedia hai máis información sobre o país:
http://es.wikipedia.org/wiki/Botsuana

Imaxes para entender o primeiro capítulo:

Acacia
 Deserto do Kalahari

 Mochudi


Delta do Okavango

Turaco
Vacas brahman

Vista de Gabarone desde o monte Kgale

lunes, 14 de noviembre de 2011

IMAXINANDO UNHA VIAXE

TRABALLO EN GRUPO (entre 2 e 4)

1. Elaborar unha presentación en power point ou similar.
2. Elixir un destino, dentro de Galicia, para facer unha excursión ata alí.
3. Explicar, razoadamente, o porque desa elección.
4. Nun mapa colocar o itinerario da viaxe coas paradas previstas, onde debe aparecer:

        * nome do lugar onde se fai a parada
        * km entre cada parada
        * por que facemos esa parada e que hai de interés nese lugar (explicar o itinerario se o houbese)
        * horario previsto de chegada, tempo de permanencia e horario de saída para o seguinte lugar do  
           itinerario
        * que vías de comunicación se utilizarán e o  seu nome, a súa titularidade (comarcal, provincial,
           autonómica ou estatal). Especificar se a viaxe será en bus e/ou tren.
        * explicar a parada para facer a comida e que interés gastronómico ten ese lugar, canto tempo durará.

        * destino final: explicar o que veremos alí, planificar o tempo e os lugares a visitar

5. Facer un perfil topográfico, empregando como límites o lugara de partida (Arousa) e o lugar de destino. (Opcional).
6. Aproveitando ese perfil explicar as diferentes formas do relevo que se atravesan, como se chaman, alturas máximas, etc.
7. Variedades climáticas que se percorren e vexetación típica (paisaxe natural). Aclarar se pasamos por algún lugar protexido.
8. Núcleos de poboación máis importantes por onde pasaremos: breve explicación de cada lugar, non máis de 2 liñas.
9. Nun mapa comarcal de Galicia ir sinalando as comarcas polas que pasaremos.
10. Lugar de destino: situar as súas coordenadas xeográficas, breve historia dese lugar, desde cando existe... (non máis de 5 liñas)
11. Se é unha vila achegar o seu plano urbano, que seguiremos para a visita.

En cada diapositiva terán que aparecer mapas ou  imaxes.... Terá que ser o máis claro e atractivo posible, pero achegando a suficiente información para realizar esa viaxe.

Tedes información no libro de texto e nos diferentes enlaces que aparecen no blog.
Google Earth tamén seravos útil.
Se queredes dar unha información máis detallada podedes poñer enlaces a páxinas web.
Resolverei todas as dúbidas que teñades. Tamén explicarei como se fai o perfil topográfico (hai un exemplo na páx. 43 do voso libro).

O traballo entregarase nunha memoria USB ou en papel.
O ÚLTIMO DÍA para entregalo será o venres 9 de decembro.