AROUSA CHEF TOTAL
En que consiste?
Deberedes
preparar unha estupenda comida para catro comensais. Constará de entrante,
prato principal e algunha delicia de sobremesa. Acompañado das bebidas
axeitadas. Deberá presentarse, cando se remate, ao resto da clase.
Teredes un orzamento inicial de 400 euros, que poderedes aumentar ou perder segundo avance a avaliación. Con este orzamento deberedes comprar absolutamente todo o necesario para que teña lugar ese evento (materias primas, é dicir, ingredientes para elaborar os alimentos, utensilios para cociñar, aluguer da cociña e do comedor, presentación da mesa: vaixela, manteis, decoración...).
Que se traballará?
1 As materias primas para elaborar as comidas permitirán estudar o SECTOR PRIMARIO,
os obxectos que se precisen para a súa elaboración e a presentación e lugar do
evento permitirá traballar o SECTOR SECUNDARIO. O transporte dos produtos, la publicidade do evento... será o xeito de estudar o SECTOR TERCIARIO.
Como se traballará?
A idea é que sexa por grupos, pero con traballo individual (polo tema da pandemia), o grupo irá elixindo as mellores ideas que presentaredes para o “concurso final”. Poderedes facer grupos de 2, 3 ou 4.
Como se poden conseguir máis cartos?
Todas as tarefas que se pagan serán premiadas con cartos sempre que se fagan e estean ben, así como tamén reportará cartos saber contestar preguntas na aula e as notas dos exames.
Quitaranse cartos cando non se fagan as tarefas ou estean mal, incluso se se suspenden os exames.
Con eses cartos deberedes mercar todo o que precisedes.
Que se avaliará e como?
Todas as tarefas que se vaian facendo para chegar a ese "concurso final" e as que vaian servindo para ir aprendendo sobre os sectores, e tamén haberá exames. As notas serán individuais, pero "os cartos" que se vaian dando ou quitando, serán para o grupo.
Para todas as tarefas relacionadas coa elaboración dos pratos a concurso levarán rúbricas, que estarán na aula virtual.
A presentación final será avaliada tamén pola clase. Deberá saír un equipo gañador.
2. INTRODUCIÓN
Para ir "abrindo boca"
Teredes este nivel?
Poderíades probar algún destes pratos?
Reflexionamos
- Cal dos pratos vistos no vídeo che resultou máis apetecible? Por que?
- Cal foi o que menos? Por que?
- Nunca comiches algo sen saber exactamente de que estaba feito?
- Por que cres que hai persoas que comen estes alimentos?
- Que foi o máis "exótico" que comiches na túa vida?
Observa as dúas imaxes que aparecen a continuación:
- Cres que esta comida pode parecer bastante desagradable a persoas doutros lugares do mundo? Por que?
- E a ti, paréceche desagrable? Non comes calamares polo seu aspecto?
Antes de comezar:
- Cal é a comida que máis che gusta?
- Sabes cales son os seus ingredientes?
- Sabes onde se cultivan, crían ou pescan?
- En que industria se transforman?
- Como chegan eses produtos ata o lugar onde os mercades?
- A onde ides mercalos?
- Que enerxía empregades para cociñalos? De onde vén?
- Cantas persoas tiveron que intervir en todo este proceso? De cantos países?
Cantas das preguntas anteriores serías capaz de responder sen buscar información?
Reflexionamos:
- Cantos tipos diferentes de alimentos e combinacións de alimentos serías capaz de imaxinar?
- Poderías comer calquera alimento que che apetecese? Por que?
Os seres humanos somos insaciables, sempre estamos querendo máis (do que sexa), pero os recursos non son inagotables. É dicir, os nosos desexos e necesidades son ilimitados pero os recursos para saciar eses desexos e necesidades son limitados.
1. Que pasou o 1 de agosto, segundo a información que aparece no vídeo?
2. Por que sucedeu?
3. Cantos recursos necesitamos producir para cubrir as necesidades humanas actuais?
4. Que consecuencias está tendo isto?
5. A principios dos anos 70, cando se esgotaban os recursos previstos para o ano?
6. Por que se está consumindo tantos recursos?
7. Que cres que podemos facer?
8. Que é a pegada ecolóxica?
Aquí podedes atopar información sobre a pegada ecolóxica
Agora chega o momento de decidir cales van a ser os vosos menús. Tedes que decidir un entrante, un prato principal (debe ter carne ou peixe) e algo para a sobremesa. Para catro comensais.
10 cultivos máis importantes do mundo
Produtos do trigo
Froitas e hortalizas Leguminosas
Raíces e turbérculos
Fábrica de pasta
Como se fabrica a Coca-Cola