mércores, 13 de xaneiro de 2021

TRABALLANDO OS SECTORES ECONÓMICOS

                                        AROUSA CHEF TOTAL


(as imaxes que aparecen son todas de Pixabay)
1. DESCRICIÓN DO TRABALLO

En que consiste?

Deberedes preparar unha estupenda comida para catro comensais. Constará de entrante, prato principal e algunha delicia de sobremesa. Acompañado das bebidas axeitadas. Deberá presentarse, cando se remate, ao resto da clase.  

                                                                                                                                                                                    

Teredes un orzamento inicial de 400 euros, que poderedes   aumentar ou perder segundo avance a avaliación. Con este orzamento deberedes comprar absolutamente todo o necesario para que teña lugar ese evento (materias primas, é dicir, ingredientes para elaborar os alimentos, utensilios para cociñar, aluguer da cociña e do comedor, presentación da mesa: vaixela, manteis, decoración...). 



Que se traballará?

1   As materias primas para elaborar as comidas permitirán estudar o SECTOR PRIMARIO, os obxectos que se precisen para a súa elaboración e a presentación e lugar do evento permitirá traballar o SECTOR SECUNDARIO. O transporte dos produtos, la publicidade do evento... será o xeito de estudar o SECTOR TERCIARIO.

Como se traballará?

A idea é que sexa por grupos, pero con traballo individual (polo tema da pandemia), o grupo irá elixindo as mellores ideas que presentaredes para o “concurso final”. Poderedes facer grupos de 2, 3 ou 4.

Como se poden conseguir máis cartos?

 Todas as tarefas que se pagan serán premiadas con cartos sempre que se fagan e estean ben, así como tamén reportará cartos saber contestar preguntas na aula e as notas dos exames.

Quitaranse cartos cando non se fagan as tarefas ou estean mal, incluso se se suspenden os exames.

Con eses cartos deberedes mercar todo o que precisedes.

Que se avaliará e como?

Todas as tarefas que se vaian facendo para chegar a ese "concurso final" e as que vaian servindo para ir aprendendo sobre os sectores, e tamén haberá exames. As notas serán individuais, pero "os cartos" que se vaian dando ou quitando, serán para o grupo.

Para todas as tarefas relacionadas coa elaboración dos pratos a concurso levarán rúbricas, que estarán na aula virtual.

A presentación final será avaliada tamén pola clase. Deberá saír un equipo gañador.



2. INTRODUCIÓN

Para ir "abrindo boca"


Teredes este nivel?

 

Poderíades probar algún destes pratos?


Reflexionamos 
- Cal dos pratos vistos no vídeo che resultou máis apetecible? Por que?
- Cal foi o que menos? Por que?
- Nunca comiches algo sen saber exactamente de que estaba feito?
- Por que cres que hai persoas que comen estes alimentos?
- Que foi o máis "exótico" que comiches na túa vida?
Observa as dúas imaxes que aparecen a continuación:


- Cres que esta comida pode parecer bastante desagradable a persoas doutros lugares do mundo? Por que?
- E a ti, paréceche desagrable? Non comes calamares polo seu aspecto?

Antes de comezar:
- Cal é a comida que máis che gusta?
- Sabes cales son os seus ingredientes?
- Sabes onde se cultivan, crían ou pescan?
- En que industria se transforman?
- Como chegan eses produtos ata o lugar onde os mercades?
- A onde ides  mercalos?
- Que enerxía empregades para cociñalos? De onde vén?
- Cantas persoas tiveron que intervir en todo este proceso? De cantos países?


Cantas das preguntas anteriores serías capaz de responder sen buscar información?


Reflexionamos:
- Cantos tipos diferentes de alimentos e combinacións de alimentos serías capaz de imaxinar?
- Poderías comer calquera alimento que che apetecese? Por que?





Os seres humanos somos insaciables, sempre estamos querendo máis (do que sexa), pero os recursos non son inagotables. É dicir, os nosos desexos e necesidades son ilimitados pero os recursos para saciar eses desexos e necesidades son limitados.






Tarefa 1
 Despois de ver o vídeo, respondede no voso caderno.

1.  Que pasou o 1 de agosto, segundo a información que aparece no vídeo?
2.  Por que sucedeu?
3.  Cantos recursos necesitamos producir para cubrir as necesidades humanas actuais?
4. Que consecuencias está tendo isto?
5. A principios dos anos 70, cando se esgotaban os recursos previstos para o ano?
6. Por que se está consumindo tantos recursos?
7. Que cres que podemos facer?
8. Que é a pegada ecolóxica?

Aquí podedes atopar información sobre a pegada ecolóxica



3. PREPARANDO O MENÚ

Agora chega o momento de decidir cales van a ser os vosos menús. Tedes que decidir un entrante, un prato principal (debe ter carne ou peixe) e algo para a sobremesa. Para catro comensais.


Tarefa 2

1. Cada persoa debe elixir o seu menú. Debe figurar o nome do prato, os ingredientes (aquí aínda non se precisan cantidades) e as bebidas. 
2. O equipo debe decidir os 3 pratos e as bebidas que van presentar ao "concurso".
3. Debedes repartir o traballo, é dicir, quen se vai encargar de cada prato. 
4. Facer por escrito a defensa da vosa elección, é dicir, os motivos que vos levaron a elixir esa comida e por que credes que poderedes gañar o concurso.
A rúbrica está na aula virtual (rúbrica receitas)

LEMBRADE QUE AS IMAXES QUE USEDES DEBEN SER DE CREATIVE COMMONS OU CON LICENCIA PARA USALAS: aquí van páxinas para buscar

Tarefa 3

Ides facer a lista da compra para conseguir todo o que precisedes para a elaboración do menú.
1. Entrantes: nome do prato, lista de ingredientes (absolutamente todo o necesario, desde aceite, sal...), cantidades aproximadas (en gramos ou kg).
2. Prato principal: nome, lista de ingredientes, cantidades aproximadas
3. Sobremesa: nome, lista de ingredientes, cantidades aproximadas
4. Bebidas: nome, cantidades, para que prato.
5. Lembrade comprar todos os acompañantes, como por exemplo pan (tipos). 

Hai unha plantilla para facer esta tarefa na aula virtual (plantilla receita)

Unha vez feita a lista, ide de compras:
Para iso precisaredes facelo de xeito online (ou con folletos impresos), aquí tedes algúns enlaces: 

Froiz                                                   


Ou podedes buscar vos calquera outro.

Tarefa 4

Unha vez feita a compra debedes usar unha FOLLA DE CÁLCULO, ou facer vós a táboa, onde colocaredes, por prato, os ingredientes (coa cantidade), o prezo (do kg e da cantidade que vós merquedes). Debe verse tamén a suma total.




Hai unha plantilla para facer esta tarefa na aula virtual (plantilla custe de ingredientes)



4. SABEMOS DE ONDE VÉN O QUE SE VAI COMER?


Ides aprender de onde proceden os ingredientes que necesitades para elaborar os vosos pratos. Ides facer o seu percorrido desde a súa orixe, o seu tratamento e a transformación na industria (se é o caso), como se transporta ata os supermercados onde os ides mercar. 

Antes deberemos ter información sobre o sector primario. Na aula virtual teredes a presentación que acompañará o que vén no voso libro de texto.

Tarefa 5

Ides escoller dous ingredientes de cada prato e ides facer ese percorrido empregando un mapa conceptual. Podedes facelo no voso caderno ou con esta aplicación https://bubbl.us/ (aquí tedes o seu titorial para saber empregalo, é moi fácil)



Aquí tedes algúns enlaces para que vos axuden nesta tarefa, pero buscade tamén vós o que necesitedes.


A rúbrica está na aula virtual 

Reflexionamos:
Onde foron cultivados ou criados os vosos alimentos, en Europa ou noutro continente?
Canta poboación se adica ao sector primario en Europa? E en España? En Galicia?
A que se adican, en concreto?
É para autoconsumo ou para exportación?
A nosa política agraria, quen a decide?
Consumides produtos ecolóxicos? Que son? E transxénicos?

Tarefa 6



Imos facer un pequeno debate despois de ver estes vídeos. Estes serán os pasos a seguir:
1. No voso caderno ides escribir 5 ideas a favor dos produtos transxénicos e 5 en contra. Pero deben ser ideas xurdidas dunha reflexión persoal despois de ter información.
2. A profesora dividirá a clase en dous bandos, uns irán a favor dos alimentos transxénicos e outros en contra.
3. A profesora irá dando a quenda de intervención a unha persoa, esta dará o seu argumento.
4. Nomearase a outra persoa do outro bando para que rebata esa tese.
5. O resto da clase estará en silencio e poderá ir tomando notas.
6. Todo o alumnado deberá dar o seu argumento e tamén ter rebatido, polo menos, un dos do bando contrario.
7. Os argumentos non se poderán repetir, aínda que sexan con outras palabras.

PARA INFORMARSE MÁIS:



5. QUEDARON MOITAS SOBRAS?

Un dos grandes problemas do mundo, basicamente do mundo rico, é a gran cantidade de produtos que terminan no lixo. Isto non é SOSTIBLE para o planeta.
Sabemos que significa o DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE?
Vexamos este vídeo:


- Que pretende transmitirnos este vídeo?
- Ti cres que é unha esaxeración?
- Ti comes plásticos?
Bota unha ollada a esta información: https://elpais.com/elpais/2018/10/22/ciencia/1540213637_935289.html

- Cambia algo algunha das túas respostas anteriores?

Neste enlace podedes atopar produtos que conteñen micropásticos. Clasificados por países e por perigosidade.

- Credes que debemos consumir tanto plástico, será bo para o planeta?
- Canto plástico había no voso menú? Poderíades eliminalo ou diminuilo?

Vexamos estoutro vídeo


- Que acción foi a causante do cambio na vida destas persoas?
- Foi unha medida agresora co medio ambiente?
- Cres que foi economicamente moi custosa?
- Describe brevemente a sucesión dos acontecementos.
- Comenta as consecuencias positivas e negativas que aparecen no vídeo ou as que ti podes imaxinar.

Busca nesta páxina información para responder a estas cuestións:

- Que é o desenvolvemento  sostible?
- Que tipos hai?

E para rematar este apartado, imos cun rap:


- Sabes a diferencia entre economía lineal e economía circular? Oíras falar disto?

Mira o vídeo e despois intenta respostar ás cuestións que acabas de ler




POBRE MAR



Na aula virtual  tedes unha presentación cun resumo do informe SOFIA do ano 2020 feito pola FAO. Este sería o enlace a esa páxina (a páxina está en inglés, pero se lle dade á opción de traducir de Google ao galego, agás as frases que flotan no océano, o resto poderedes lelo en galego).

Tarefa 7 










No voso caderno respondede estas cuestións:

- Cal é o principal problema actual da pesca no mundo?
- Houbo algunha mellora?
- Que sucede coa acuicultura?
- Que papel xogan as mulleres?






6. TOCA RECOLLER E LIMPAR

Despois de comprar, cociñar, comer e ver canto sobrou, alguén terá que fregar a louza, limpar o espazo e repoñer todo o que se puido esnaquizar (agás que no contrato de aluguer xa se reflectira isto). Así que a primeira pregunta será, quen pon o lavalouzas a funcionar?
Reflexionamos:

- Con que enerxía funciona o lavalouzas?
- De onde vén?
- Como se produce?

Supoñamos que o voso recibo da luz trae esta información:

Lenda da orixe da enerxía: 

Renovables 3,7%
Cogeneración de alta eficiencia 1,6%
Cogeneración 11%
Gas natural 34,9%
Carbón 8,1%
Fuel/Gas 3,6%
Nuclear 35,5%
Otras 1,6%


- Onde se produce esa enerxía?
- É unha enerxía renovable ou non?
- Como se produce e chega ata os lugares onde a precisamos?












Imos traballar e aprender sobre todo isto.  SECTOR SECUNDARIO


Le as páxinas 46 á 49 do teu libro de texto e despois fai o cuestionario sobre as fontes de enerxía e os recursos mineiros que está na aula virtual.


Tarefa 8

Quedou pendente presentar a factura dos obxectos que precisáchedes para cociñar o voso menú. Así que facede a lista co nome, cantidade, industria da que vén e prezo. 

Tedes unha plantilla na aula virtual

Aquí tedes uns enlaces para poder facer esa "compra"



Ou buscade vós calquera outra.

E para mantelería:



7. SAÍU BEN O EVENTO?

Agora hai que rematar os "flecos" deste evento e ver como foi o resultado final. 

Tarefa 9

Queda alugar a cociña onde se prepará o menú e o restaurante onde se fará a convidada.
Para o comedor deberedes comprar todo o que precisedes para preparar a mesa e a decoración. 

Aquí tedes algúns enlaces para poder facer esta tarefa

Para rematar deberedes presentar unha plantilla co custe do toda a actividade, que tes na aula virtual.


8. CONCURSO FINAL

Por último, chegou o momento de facer a presentación de todo este traballo diante da clase, que tamén vai avaliar o conxunto do evento. Para iso terán unha rúbrica que lles pasará a profesora.

NORABOA A TODAS E TODOS POR ESTE ESTUPENDO TRABALLO!!!