mércores, 7 de novembro de 2018

DEVORANDO O MUNDO

Cada curso dispón dun blog para subir as súas tarefas, pero só as que se fan en equipo. As outras serán feitas nos cadernos. Os enlaces aos blogs están nos gadgets deste blog. O correo e o contrasinal están na aula virtual.
Da parte de autoría propia pódese compartir todo, sempre que non teña finalidade comercial.

I. INTRODUCIÓN

Imos "abrir boca" con este vídeo


Reflexionamos 
- Cal dos pratos vistos no vídeo che resultou máis apetecible? Por que?
- Cal foi o que menos? Por que?
- Nunca comiches algo sen saber exactamente de que estaba feito?
- Por que cres que hai persoas que comen estes alimentos?
- Que foi o máis "exótico" que comiches na túa vida?

Observa as dúas imaxes que aparecen a continuación:

- Cres que esta comida pode parecer bastante desagradable a persoas doutros lugares do mundo? Por que?
- E a ti, paréceche desagrable? Non comes calamares polo seu aspecto?

Tarefa 1: por parellas, escribide un breve texto (máximo 3 liñas) onde saquedes unha conclusión do visto ata o de agora. Logo lerédelo na aula.


II. QUE COMO?

Antes de comezar:
- Cal é a comida que máis che gusta?
- Sabes cales son os seus ingredientes?
- Sabes onde se cultivan, crían ou pescan?
- En que industria se transforman?
- Como chegan eses produtos ata o lugar onde os mercades?
- A onde ides  mercalos?
- Que enerxía empregades para cociñalos? De onde vén?
- Cantas persoas tiveron que intervir en todo este proceso? De cantos países?










Cantas das preguntas anteriores serías capaz de responder sen buscar información?

Reflexionamos:
- Cantos tipos diferentes de alimentos e combinacións de alimentos serías capaz de imaxinar?
- Poderías comer calquera alimento que che apetecese? Por que?




Os seres humanos somos insaciables, sempre estamos querendo máis (do que sexa), pero os recursos non son inagotables. É dicir, os nosos desexos e necesidades son ilimitados pero os recursos para saciar eses desexos e necesidades son limitados.




Tarefa 2: Despois de ver o vídeo, respondede no voso caderno, podedes facer esta tarefa en parella ou de xeito individual.
- Que pasou o 1 de agosto, segundo a información que aparece no vídeo?
- Por que sucedeu?
- Cantos recursos necesitamos producir para cubrir as necesidades humanas actuais?
- Que consecuencias está tendo isto?
- A principios dos anos 70, cando se esgotaban os recursos previstos para o ano?
- Por que se está consumindo tantos recursos?
- Que cres que podemos facer?
- Que é a pegada ecolóxica?

A Economía é a ciencia que estuda que producir ( como facelo, como repartir os produtos obtidos da terra ou da industria) con que  recursos (limitados)  para satisfacer as necesidades das persoas (ilimitadas).




QUE VOU ALMORZAR?

Tarefa 3: Tedes que mercar os produtos que precisades para preparar un nutritivo e rico almorzo.
Por equipos ides facer esta actividade.
Pasos a seguir:
1.De xeito individual facede unha lista do que vos gustaría almorzar.
2. Logo poñedes en común e chegades a un acordo para decidir un almorzo, pode ser unha mestura das ideas aportadas.
3. Repartide entre os membros do equipo os   produtos que compoñen o voso almorzo,  logo respondede: -  a que sector de actividade pertencen? Clasificáchedes o produto que compráchedes  ou pensáchedes nas materias primas necesarias para elaboralo? O resultado sería o mesmo?

Antes de seguir seguro que precisades aclarar ideas sobre as actividades económicas e os sectores nos que se divide.
Vede esta presentación

 

Na aula virtual tedes a teoría en pdf (a presentación é un breve resumo)

Tarefa 4
1. Ver esta presentación varias veces, de ser necesario e nunha folla, que divideredes en dúas columnas, poñeredes aqueles conceptos que tedes claros nun lado e no outro os que non entendedes ben. Este debe ser un traballo individual.
2. Agora xuntarédesvos cos outros membros do equipo e entre todas e todos iredes aclarando esas dúbidas (poñelas por escrito, as aclaracións).
3. Cando xa se entenda todo pasades a respostar estas cuestións, no voso caderno:
    • Cales  son as actividades económicas?
    • Cales son os factores de produción?
    • Quen  son os axentes económicos?
    • Que  son a oferta e a demanda?
    • Que  actividades comprende o sector primario?
    • Que actividades comprende o sector secundario?
    • Que actividades comprende o sector terciario?
    • Cales son os sistemas económicos actuais?   


4. Agora debedes resumir e   presentar esta información aos demais, para iso faredes un cartaz dixital con SMORE e aquí tedes o  titorial sobre Smore. Despois os compañeiros e compañeiras poderán comentalos. Teredes as RÚBRICAS para o reparto das tarefas, a creación do cartaz e a do traballo en equipo na aula virtual. Logo subiredes ao blog unha captura de pantalla do cartaz e tamén a URL para poder velo.

Tarefa 5

INVESTIGAMOS:
vai a esta páxina do INE (Instituto Nacional de Estadística) e di en que sector de actividade hai máis persoas traballando en España. Saca unha conclusión sobre o estado de desenvolvemento do país.
- Que país do mundo ten máis poboación no sector primario? Vai a este enlace (Banco Mundial) para coñecer os datos.
- Que país do mundo ten máis poboación no sector secundario? (Aquí hai outro enlace)

Xa entendemos o que son as actividades económicas e os sectores de actividade. Imos afondar nisto.

CONVÍDOTE A XANTAR

Hoxe é un día especial, estades de celebración, así que ides preparar a comida para agasallar aos amigos e amigas.

Tarefa 6.

 Por equipos, elaborade un menú cun entrante, un prato principal e un postre. Non esquezades as bebidas.
Ao lado do nome do prato debe aparecer a lista de ingredientes para a súa elaboración. Tamén as cantidades aproximadas. Pensade que ides ser 4 comensais. Agora hai que ir de compras, pero farédelo de xeito online. Aquí hai enlaces aos supermercados, pero podedes buscar outros se queredes.

Unha vez feita a compra, deberedes usar unha folla de cálculo ou elaborades vós unha táboa, onde se vexan os produtos mercados, as cantidades e os prezos. TEDES UN ORZAMENTO DE 50 €.  A continuación facedes subides unha captura de pantalla ou o enlace ao blog. Tedes a rúbrica na aula virtual.


III. DE ONDE VÉN O QUE COMEMOS?



Por equipos, ides coller dous produtos da vosa lista da compra e ides facer o seu percorrido desde a súa orixe, o seu tratamento e transformación na industria, o transporte, a distribución ata o lugar onde o mercáchedes. Isto farédelo cun mapa conceptual, que logo subiredes ao blog. Ides empregar esta ferramenta para facer o mapa conceptual GOCONQ, aquí tedes un titorial. Tedes a rúbrica na aula virtual.

         

Aquí tedes enlaces para que vos axuden:
Cereais (e outros produtos) no mundo
10 cultivos máis importantes do mundo
Produtos do trigo
Froitas e hortalizas
Leguminosas
Raíces e turbérculos
Fabricación do pan
Fábrica de pasta
Como se fabrica a Coca-Cola
Fabricación do papel hixiénico




Como vedes pasará polos tres sectores de actividade económica: primario, secundario e terciariario.

SECTOR PRIMARIO
(autor: Davila)

Reflexionamos:
Onde foron cultivados ou criados os vosos alimentos, en Europa ou noutro continente?
Canta poboación se adica ao sector primario en Europa? E en España? En Galicia?
A que se adican, en concreto?
É para autoconsumo ou para exportación?
A nosa política agraria, quen a decide?
Consumides produtos ecolóxicos? Que son? E transxénicos?

Vexamos estes vídeos:










Ide á aula virtual e vede a presentación sobre o sector primario.


IV. QUEDARON MOITAS SOBRAS?

Un dos grandes problemas do mundo, basicamente do mundo rico, é a gran cantidade de produtos que terminan no lixo. Isto non é SOSTIBLE para o planeta.
Sabemos que significa o DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE?
Vexamos este vídeo:


- Que pretende transmitirnos este vídeo?
- Ti cres que é unha esaxeración?
- Ti comes plásticos?
Bota unha ollada a esta información: https://elpais.com/elpais/2018/10/22/ciencia/1540213637_935289.html

- Cambia algo algunha das túas respostas anteriores?

Neste enlace podedes atopar produtos que conteñen micropásticos. Clasificados por países e por perigosidade.

- Credes que debemos consumir tanto plástico, será bo para o planeta?
- Canto plástico había no voso menú? Poderíades eliminalo ou diminuilo?

Vexamos estoutro vídeo


- Que acción foi a causante do cambio na vida destas persoas?
- Foi unha medida agresora co medio ambiente?
- Cres que foi economicamente moi custosa?
- Describe brevemente a sucesión dos acontecementos.
- Comenta as consecuencias positivas e negativas que aparecen no vídeo ou as que ti podes imaxinar.

Busca nesta páxina información para responder a estas cuestións:

- Que é o desenvolvemento  sostible?
- Que tipos hai?

E para rematar este apartado, imos cun rap:


- Sabes a diferencia entre economía lineal e economía circular? Oíras falar disto?

Mira o vídeo e despois intenta respostar ás cuestións que acabas de ler




POBRE MAR?


Acabamos de ver os efectos do noso comportamento sobre o medio natural. O mar é fonte de vida, en todos os sentidos: aliméntanos, dá postos de traballo, lecer...

Imos coñecer algo máis a fondo.
A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), publicou o seu informe de 2018 sobre o ESTADO MUNDIAL DA PESCA E A ACUICULTURA.

Tarefa 7



Por equipos, ides facer unha presentación para expoñela na aula, empregando os datos que aparecen no informe da FAO. Cada equipo saberá que parte debe preparar e expoñer. As rúbricas desta tarefa estará na aula virtual (para elaborar e para presentar). Para facer esta presentación usaredes EMAZE. E, como sempre, aquí tedes o titorial para saber manexar esta nova ferramenta.

Pasos para facer esta tarefa:
1. Todos/as do equipo deben ler a parte que lles correspondeu.
2. Facer un resumo entre todos (cada un debe telo no seu caderno)
3. Reparto das tarefas para elaborar a presentación, por escrito, como xa sabedes facer
4. Elaboración da presentación e preparación da presentación (máximo 5 minutos de duración).

V. QUEN VAI FREGAR E RECOLLER?

Despois de comprar, cociñar, comer e ver canto sobrou, alguén terá que fregar a louza, limpar o espazo e repoñer todo o que se puido esnaquizar. Así que a primeira pregunta será, quen pon o lavalouzas a funcionar?

- Con que enerxía funciona o lavalouzas?
- De onde vén?
- Como se produce?

Mirade nas vosas casas  o último recibo da luz.

- Que empresa é a encargada de comercializala?
- Onde se produce esa enerxía?
- É unha enerxía renovable ou non?
- Como se produce e chega ata os vosos fogares?

Imos traballar e aprender sobre todo isto.  SECTOR SECUNDARIO

- No voso caderno, de xeito individual, ides facer un esquema coa clasificación dos recursos mineiros e poñer un exemplo de algún produto elaborado con eles, que puidérades atopar nunha casa ou preto de vós.

Aquí tedes un enlace a unha unidade interactiva. Precticade a parte do mundo, e o relacionado co tipo de minerais e as súas aplicacións. (Ao mellor tedes que cambiar de navegador).

- Que diferenza hai entre unha mina a ceo aberto e unha mina subterránea?
- Que efectos ambientais negativos acarrea a produción mineira? Busca un exemplo real dalgún.






Temos moi claro que o lavalouzas funciona porque lle chega a electricidade. Agora imos ver as diferentes posibilidades que existen para a xeración da electricidade. Pero tamén os efectos negativos e dúas visións diferentes sobre o mesmo tema.

Central hidroeléctrica



Central nuclear



Central de biomasa


                     


Central de ciclo combinado



Central fotovoltaica

 
Esta información é aportada por ENDESA.

Agora imos ver a postura da ONG Greenpeace:

Sobre o carbón

Sobre as centrais nucleares e residuos nucleares

Sobre as enerxías renovables

Como afecta isto ao cambio climático

E a versión dos produtores de enerxía nuclear en España


   

- Por parellas ides buscar algo positivo e negativo de cada un dos xeitos de producir enerxía eléctrica. Elaborade a información nun cadro


- Se fose posible, cal preferiríades vós empregar, por que?



MAPEANDO

Tarefa 8

Por equipos, ides facer 3 mapas, cada un deles debe versar sobre:
1. Principais países ou zonas  produtoras de minerais
2. Principais países ou zonas produtoras e consumidoras de enerxía
3. Países máis industrializados do mundo
Para facer estes mapas debedes empregar MapChart, aquí está o seu sinxelo titorial
A información necesaria tédela no voso libro de texto.
A rúbrica está na aula virtual

ORDENANDO

Supoñamos que este é o comedor onde tivo lugar a convidada. Xa pusemos o lavalouzas, pero hai que recoller e limpar todo o demais para que volva relucir como se ve na imaxe

- Que produtos de limpeza empregaredes?
- Cal é a súa composición?
- De que tipo de industria se obteñen, tanto o produto final como as materias primas?
- Facede a clasificación dos tipos de industria e intentade colocar o que vedes na imaxe na industria correspondente.

Pode ser traballo individual ou en parellas.

REFLEXIÓN FINAL: ESTAMOS DEVORANDO O NOSO PLANETA?